Gondomar

O gondomareño Joel Ribeiro, campión de europa júnior de patinaxe artístico en Trieste

O soño fíxose realidade. O gondomareño Joel Ribeiro proclamouse hoxe campión de Europa júnior de patinaxe artístico na modalidade de solo danza, logo de rubricar unha final memorable no Campionato de Europa que se disputou en Trieste (Italia).

Ribeiro afrontaba a cita decisiva como líder tras a Style Dance do venres, na que xa sacara máis de once puntos de vantaxe ao seu principal rival, o italiano Alessandro Grossi (68,06 fronte a 57,02). Na final de hoxe, disputada ás 12:20 horas, confirmou as mellores expectativas cun programa libre sen fisuras, sólido no técnico e brillante no artístico, que lle valeu para coroarse rei continental da súa categoría.

A súa actuación, ovacionada polo público, acabou co patinador entre bágoas de emoción e fundido nun abrazo co seu adestrador, David Figueroa, símbolo dunha traxectoria marcada polo traballo constante e a excelencia sobre o patín.

Con este ouro europeo, Joel Ribeiro sitúase como unha das grandes promesas do patinaxe artístico internacional e deixa moi alto o nome de Gondomar