Últimas NoticiasNigran

O goberno local de Nigrán defende uns orzamentos 2025 “sociais e responsables”, mentres a oposición critica a súa falta de investimento.

O PP e o BNG denuncian a redución de investimentos e a falta de transparencia, mentres o PSOE destaca o reforzo dos servizos públicos

O Concello de Nigrán aprobou no Pleno os orzamentos municipais para 2025, cunha contía total de 17.371.872 euros.

O goberno socialista, encabezado polo alcalde Juan González, defendeu que se trata duns orzamentos sociais e responsables, que priorizan o mantemento e mellora dos servizos públicos.

Pola súa banda, a oposición, representada por PP e BNG, denuncia que as contas municipais reducen drasticamente a capacidade de investimento e evidencian unha falta de planificación.

O PP: “UN ORZAMENTO OPACO E SEN PLANIFICACIÓN”

A portavoz do PP, María José Pino, criticou que o goberno socialista aprobe uns orzamentos “opacos e sen planificación a longo prazo”, cuna caída do investimento real e unha xestión pouco transparente dos recursos municipais.

Pino denunciou que o executivo local utiliza sistematicamente subvencións nominativas en lugar de apostar pola concorrencia competitiva, “o que reduce a transparencia na asignación de fondos públicos”.

“Non sabemos en que se van investir os fondos da Deputación porque o goberno prefire deixalo fóra do orzamento. Iso permítelles decidir sen control en que gastan os cartos, en lugar de planificar con previsión”, afirmou a portavoz popular.

BNG: “NIGRÁN PERDE CAPACIDADE DE INVESTIMENTO”

Pola súa parte, o portavoz do BNG, Xavier Rodríguez, denunciou que os investimentos reais do Concello caen case á metade con respecto a 2024, destinándose apenas 421.000 euros a proxectos concretos. Segundo Rodríguez, esta redución débese a que o goberno local non incluíu no orzamento os fondos do Plan +Provincia da Deputación, evitando así especificar en que se investirán eses recursos.

“O gasto corrente sobe máis dun millón de euros, pero iso débese a que este goberno non soubo xestion