Baiona

𝐎 π‚ππˆ π‚πŽπ•π€ 𝐓𝐄𝐑𝐑𝐄Ñ𝐀 𝐃𝐄 ππ€πˆπŽππ€ π‚πŽπ‹π€ππŽπ‘π€ π‚πŽπ€ π”ππˆπ•π„π‘π’πˆπƒπ€πƒπ„ 𝐃𝐄 π•πˆπ†πŽ 𝐍𝐀 π‚π‘π„π€π‚πˆΓ“π 𝐃𝐔𝐍 ππ€ππ‚πŽ ππ€π‚πˆπŽππ€π‹ 𝐃𝐄 𝐀𝐑𝐄𝐀.

 𝐎 π‚ππˆ π‚πŽπ•π€ 𝐓𝐄𝐑𝐑𝐄Ñ𝐀 𝐃𝐄 ππ€πˆπŽππ€ π‚πŽπ‹π€ππŽπ‘π€ π‚πŽπ€ π”ππˆπ•π„π‘π’πˆπƒπ€πƒπ„ 𝐃𝐄 π•πˆπ†πŽ 𝐍𝐀 π‚π‘π„π€π‚πˆΓ“π 𝐃𝐔𝐍 ππ€ππ‚πŽ ππ€π‚πˆπŽππ€π‹ 𝐃𝐄 𝐀𝐑𝐄𝐀.

Β O CPI Cova TerreΓ±a de Baiona participa no proxecto β€œIberarenum”, unha iniciativa do Centro de InvestigaciΓ³n MariΓ±a da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) que pretende recompilar e analizar areas de diferentes praias da PenΓ­nsula IbΓ©rica para estudar a sΓΊa evoluciΓ³n e os efectos doΒ cambio climΓ‘tico.

Β Este mΓ©rcores, un grupo de alumnos de 3ΒΊ da ESO do centro realizou unha recollida de mostras na praia, dando asΓ­ comezo a este proxecto de ciencia cidadΓ‘, financiado pola FundaciΓ³n EspaΓ±ola para a Ciencia e a TecnoloxΓ­a (FECYT). A iniciativa busca implicar a persoas de todas as idades na investigaciΓ³n da sedimentoloxΓ­a mariΓ±a, contribuΓ­ndo ao coΓ±ecemento dos cambios que afectan Γ‘s nosas costas.

Β No acto de presentaciΓ³n estiveron presentes o alcalde de Baiona, JesΓΊs VΓ‘zquez AlmuΓ­Γ±a, e o director do CIM-UVigo, Daniel Rey, quen salientou a importancia de estudar a composiciΓ³n e a orixe da area das praias para comprender os procesos naturais que as moldean.

Β Con este proxecto, o CPI Cova TerreΓ±a sΓΊmase a unha experiencia educativa e cientΓ­fica que permitirΓ‘ achegar o traballo investigador Γ‘ cidadanΓ­a, fomentando a concienciaciΓ³n sobre a protecciΓ³n do litoral nun contexto de cambio climΓ‘tico.

Deja una respuesta

Tu direcciΓ³n de correo electrΓ³nico no serΓ‘ publicada. Los campos obligatorios estΓ‘n marcados con *