O Concello de Gondomar recibiu entre honras ao novo campión de Europa Júnior de patinaxe, Joel Ribeiro
O Concello de Gondomar acolleu onte unha recepción oficial en honra a Joel Ribeiro, veciño da localidade que vén de proclamarse Campión de Europa Júnior en Solo Danza no campionato celebrado en Trieste.
O acto contou coa presenza do alcalde, Paco Ferreira, e da concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, quen felicitaron ao patinador en nome de toda a veciñanza, recoñecendo o seu talento, esforzo e constancia.
“Joel é un orgullo para Gondomar e un exemplo para a mocidade, pola súa disciplina, traballo e paixón polo deporte. Grazas por levar o nome do noso municipio e de Galicia tan lonxe”, subliñou o rexedor.
O novo campión xa ten a vista posta no seu próximo reto: o Campionato do Mundo Júnior de Patinaxe Artística, que se celebrará en Pequín, onde representará a España nas modalidades de Solo Danza Júnior e Cuarteto Júnior.
Desde Gondomar enviáronlle unha mensaxe unánime de apoio e confianza en que volverá facer historia no escenario internacional.
