Gondomar

O Concello de Gondomar apoia á Comisión de Festas de Peitieiros coa instalación dunha carpa para o Serán, a Festa dos Callos e a Ruta Cabalar.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asinou un convenio de colaboración coa Comisión de Festas de Peitieiros co obxectivo de apoiar a celebración de tres eventos emblemáticos da parroquia: o Serán, a Festa dos Callos e a Ruta Cabalar.

A través deste acordo, o Concello achega 1.200 euros para a instalación dunha carpa que permitirá desenvolver estas actividades en condicións óptimas, garantindo a súa celebración independentemente das condicións meteorolóxicas.

“Estas festas son parte da nosa identidade e queremos seguir apoiando o traballo das comisións veciñais que manteñen vivas as nosas tradicións”, destacou o rexedor.

Desde o goberno municipal reiteran o seu compromiso co tecido asociativo e coa dinamización cultural de todas as parroquias de Gondomar.