Gondomar

O concello de Gondomar anima e colabora co pequeno comercio na celebración do Samaín

O Departamento de Comercio do Concello de Gondomar puxo en marcha unha nova iniciativa para impulsar a participación do pequeno comercio local na celebración do Samaín, convidando aos establecementos a decorar os seus escaparates e locais con motivos propios desta festa tradicional galega.

Co obxectivo de dinamizar as rúas e fomentar o ambiente festivo, o Concello non só anima aos comerciantes a participar, senón que tamén colaborará coa compra de caramelos, facilitando así que poidan sumarse á tradicional actividade do “truco ou trato”, tan agardada pola cativada cada 31 de outubro.

Os establecementos interesados en recibir esta colaboración poden solicitalo enviando un correo electrónico a oficinadeturismo@concellodegondomar.gal, indicando:

•  Nome do establecemento

•  Persoa de contacto

•  Número de teléfono

Dende o Concello fan un chamamento á participación para que o comercio de Gondomar se vista de Samaín, contribuíndo a crear un ambiente lúdico e familiar nas rúas, ao tempo que se apoia o tecido económico local.

“Queremos que os negocios tamén formen parte desta celebración tan nosa, enchendo de cor, creatividade e ilusión o centro e as parroquias”, sinalan desde o Departamento de Comercio.