NigranVigo

O Centro Juan María ilumina o Gran Vía de Vigo

A maxia da Navidad chegou este mércores ao Centro Comercial Gran Vía de Vigo grazas aos protagonistas máis especiais: os usuarios do Centro Juan María, un centro de persoas con discapacidades, que participaron activamente no tradicional encendido de luces.

Acompañados polo alcalde Abel Caballero, membros da Xunta do Centro Juan María e do propio centro comercial, foron os encargados de pulsar o botón que acendeu a iluminación, entre aplausos e emoción do público. Este xesto simbólico converteu o acto nunha celebración de inclusión e comunidade, máis aló das luces e da decoración.

O alcalde destacou que “a ilusión multiplícase cando todos participamos” e a presenza do Centro Juan María subliñou a importancia de dar visibilidade e protagonismo a quen cada día demostra que a integración social é un valor que ilumina máis ca calquera decoración.

O Gran Vía encheuse de cores, música e alegría, pero a verdadeira luz deste encendido veu da participación e da ilusión dos usuarios do Centro Juan María, converténdoos no corazón desta primeira cita navideña da cidade.