VigoBaionaNigran

O Celta estrea o himno “Voltarei” en Europa con imaxes de Cabo Silleiro, Monteferro e a serra da Groba

O Real Club Celta vivirá este xoves unha noite histórica coa súa reaparición en Europa fronte ao Stuttgart, nove anos despois da súa última participación continental. Para a ocasión, o club presentará o novo himno “Voltarei”, composto polo rapeiro vigués Hard GZ, que rende homenaxe á emigración galega e á identidade do pobo celeste.

O videoclip oficial do tema incorpora escenarios emblemáticos do Val Miñor, como Cabo Silleiro, Monteferro e a serra da Groba cos seus cabalos en liberdade. Unha escolma de imaxes que conecta o sentimento do Celta coa súa terra e co mar que marcaron xeracións de galegos.

O equipo vigués saltará ao céspede lucindo a camiseta do Centenario, engadindo aínda máis simbolismo a un encontro que se prevé inesquecible para a afección celeste.

“Voltarei” non é só unha canción de apoio ao Celta, senón tamén unha mensaxe universal de todos aqueles galegos que tiveron que marchar e que sempre gardaron a esperanza de regresar.