Gondomar

O BNG de Gondomar chama á participación na manifestación nacional en defensa do monte

O BNG de Gondomar animou á veciñanza a participar na manifestación nacional convocada pola plataforma Un monte galego con futuro, que terá lugar este domingo, 14 de setembro, en Compostela. O obxectivo da mobilización é esixir medidas que eviten novas vagas de lumes como as sufridas este verán en Galicia e reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e zonas afectadas polos incendios.

A marcha sairá ás 12:00 horas da Alameda de Compostela. Para facilitar o desprazamento, habilitarase un autobús con saída ás 9:45 horas desde A Ramallosa (Nigrán) e paradas en Vigo (10:15) e Chapela, Redondela (10:30). O custe simbólico da viaxe será de 5 euros e as prazas poden reservarse no teléfono 986.44.73.00.

Desde o BNG instan á veciñanza do Val Miñor a encher as rúas de Santiago para “lle dicir alto e claro ao Partido Popular que outra política forestal é posíbel, que queremos unha Galicia libre de incendios, cun monte limpo, multifuncional e con futuro, e que se apoie a vida no medio rural”.