Noelia Piñeiro e Hugo Bueno, xogador do Feyenoord, reciben o premio a mellor deportista do ano na Gala do Deporte de Gondomar 2024
O Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda acolle este sábado 12 de abril, ás 20:00 h, a Gala do Deporte de Gondomar, un evento que homenaxea aos mellores deportistas, clubs e entidades do municipio. A edición deste ano contará cun padriño de excepción: o atleta olímpico Ramón Magariños Duro, quen representou a España nos Xogos de Barcelona 1992.
Entre os galardóns máis destacados da noite figuran os premios á mellor deportista feminina, que recaerá en Noelia Piñeiro Pérez, e ao mellor deportista masculino, que será para Hugo Bueno López, futbolista profesional do Feyenoord Rotterdam, recoñecendo así a súa traxectoria e proxección internacional.
Tamén serán recoñecidos:
• Deportista revelación feminina: Xiana Fernández Fernández
• Deportista revelación masculino: Joel Ribeiro Díaz
• Mellor traxectoria deportiva: Eladio Costas Pereira
• Mellor club ou entidade deportiva: Gondomar Acro Club
• Mellor evento deportivo: Campionato Galego de Halterofilia 2024
• Patrocinio e colaboración co deporte: Serviancar, Auga Sana e Resigal
A Gala inclúe ademais mencións especiais a entidades como a Policía Local de Gondomar, o Cross escolar de Santa Mariña de Vincios (30 anos), Women in Bike Val Miñor ou a Sociedad Atlética Val Miñor, que tamén celebra o seu 30 aniversario.
O acceso á pista será con invitación, mentres que as bancadas estarán abertas ao público de forma libre e gratuíta. Para o alcalde Paco Ferreira, “esta gala é unha mostra do noso compromiso co deporte e co talento local, un orgullo que compartimos con toda a veciñanza”.