Nigran

Nigrán precisa persoal para o servizo de axuda no fogar tras o maior contrato social da súa historia

O Concello de Nigrán acaba de estrear o contrato máis custoso da súa historia para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que pasa de 580.000 € anuais a 1,5 millóns, co obxectivo de garantir a cobertura de todos os grandes dependentes (grao 3) durante os próximos catro anos.

Ante esta ampliación, a empresa concesionaria Attende Care S.L. busca persoal titulado para traballar no municipio. Precísanse profesionais con FP en Auxiliar de Enfermaría ou Certificado de Profesionalidade en Atención Sociosanitaria no Domicilio, ademais de carné e vehículo propio.

O contrato pode ser a xornada completa ou parcial, tanto para novas altas como para cubrir baixas ou vacacións. O salario será o establecido segundo convenio, e requírese dispoñibilidade para fins de semana e festivos. A incorporación é inmediata.

As persoas interesadas deben enviar o seu currículum antes do 30 de setembro ao correo maria.fernandez.cid@attende-care.com.

Segundo o alcalde, Juan González, a medida responde á forte ampliación do SAF en Nigrán: “Formouse xente grazas ao obradoiro ‘Coidando Miñor’, pero aínda así precísase máis persoal”.