Nigrán honra a traxectoria de seis entidades locais na gala dos ‘Premios Nigrán 2024’
O Auditorio Municipal de Nigrán acolleu esta noite a gala dos ‘Premios Nigrán 2024’, un acto cheo de emoción no que se recoñeceu o traballo de seis entidades que contribúen ao desenvolvemento do municipio.
O evento estivo conducido pola actriz Cristina Maró e contou coa actuación da pianista Brenda Vidal, directora do Conservatorio de Gondomar e veciña de Nigrán.
Os galardoados nesta edición foron:
• Premio Social: Comunidades de Augas de Camos e Chandebrito, polo seu labor no abastecemento de auga no rural.
• Premio Educativo: CEMMA, pola súa traxectoria no estudo e conservación dos mamíferos mariños.
• Premio Empresarial: Figueiró Forxados, pola súa aposta pola innovación no sector da construción.
• Premio Cultural: Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), polo seu compromiso coa investigación e divulgación do patrimonio do Val Miñor.
• Premio Deportivo: Acro Club Nigrán, por levar a ximnasia acrobática do municipio a competicións internacionais.
O alcalde, Juan González, destacou no seu discurso que os premiados “fan de Nigrán un lugar mellor co seu traballo e esforzo”. A gala foi un acto de homenaxe e recoñecemento público a entidades que deixan pegada na sociedade.