Nigran

Nigrán enche de jazz a primavera cun ciclo que reúne grandes nomes galegos


O Concello de Nigrán arrinca unha nova edición do seu ciclo ‘Primavera de Jazz’ cun cartel de luxo que reúne grandes nomes galegos de proxección internacional.

O evento abrirase o sábado 29 de marzo co Jazz Frequency Group, liderado polo recoñecido contrabaixista vilanovés Paco Charlín.

En abril, o sábado 26, será a quenda do mítico trío santiagués Sumrrá, unha das formacións máis consolidadas da escena jazzística en Galicia. Para pechar o ciclo, o sábado 24 de maio, o tamén contrabaixista Simón García presentará o seu proxecto en formato quinteto.

Todos os concertos terán lugar no Auditorio Municipal de Nigrán ás 20:30 horas, con entrada libre ata completar aforo. O ciclo conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’.