Nigran

Nigrán conmemorará este mércores o 89 aniversario dos asasinatos da ‘volta dos nove’

O Concello de Nigrán celebrará este mércores 15 de outubro, ás 11:00 horas, o acto de homenaxe polo 89 aniversario dos tráxicos asasinatos coñecidos como a volta dos nove.

A conmemoración, aberta á participación da veciñanza, contará coa presenza de familiares das vítimas. O alcalde de Nigrán realizará unha ofrenda floral ante o monumento situado no ‘Xardín da Memoria’ de Panxón, espazo inaugurado en 2016 e que lembra aquel suceso coas súas nove cruces de pedra en recordo dos nove represaliados, así como placas dedicadas a eles, ás súas mulleres e a Dolores Samuelle, asasinada por axudar aos coñecidos como Ineses.

O Concello reafirma con este acto o seu compromiso coa memoria histórica, a xustiza e a dignidade das vítimas da represión franquista.