Nigran

Nigrán celebra o “Día do Libro” este sábado con máis dunha ducia de autores na Praza da Biblioteca e tres tertulias literarias.

A recentemente remodelada Praza da Biblioteca de Nigrán será hoxe escenario dunha feira do libro organizada polo Concello e as librarías Paraísos de Papel e Piño, entre as 11.00 e as 20.00 horas.

Autores como Pedro Feijóo, Reka Refojos, Pedro Rodríguez Villar, Raquel Fernández, Javier Regueira ou Cristina Salgado, entre outros, asinarán exemplares.

Paralelamente, a Biblioteca acollerá no seu interior dúas tertulias literarias ás 11.00 e ás 16.00 horas. Ademais, ás 17.00 horas o grupo Sálvora ofrecerá un concerto de versións de clásicos do rock.