BaionaGondomarNigranOia

Nigrán (35.750 €), segundo concello máis rico de Galicia, Baiona (31.383 €) e Gondomar (28.598 €) tamén por encima da renda media do resto de Galicia

A Axencia Tributaria acaba de publicar os últimos datos de 2023 e revelan que Nigrán, Baiona, Gondomar e Oia destacan por encima da media galega en renda media, situándose como auténticos referentes económicos do eixo Vigo–Baixo Miño.

Nigrán: O TERCERO MÁIS RICO DE GALICIA

Con 35.750 euros de renda bruta media e unha renda dispoñible de 28.284 euros, Nigrán ocupa a 3ª posición en Galicia e o posto 189 a nivel nacional, só por detrás de Oleiros e Bergondo. O municipio experimentou un crecemento do 4,3%, consolidándose como o gran referente económico da provincia de Pontevedra.

Baiona: EN PLENO ASCENSO

Baiona alcanza unha renda bruta media de 31.383 euros, situándose na 7ª posición galega e no posto 480 nacional. A súa renda dispoñible media é de 25.255 euros, cun aumento do 1%, mantendo un ritmo sólido de crecemento e superando a cidades como Vigo en termos de ingresos familiares.

Gondomar: CRECEMENTO CONSTANTE

Con 28.598 euros de renda bruta media e 23.338 euros de renda dispoñible, Gondomar ocupa a 25ª posición en Galicia e o 4º lugar na provincia, cun incremento do 3%. O municipio continúa destacando polo seu dinamismo económico e capacidade de investimento familiar.

Oia: SORPRESA DO CRECEMENTO

Oia rexistrou unha renda bruta media de 23.909 euros e 20.088 euros de renda dispoñible, subindo un 4,3% respecto ao ano anterior. Aínda que é o máis pequeno dos catro, o seu ritmo de crecemento sitúao como un municipio en alza dentro do panorama económico galego.

Estes datos evidencian que Nigrán, Baiona, Gondomar e Oia non só teñen ingresos por encima da media, senón que tamén marcan a pauta do crecemento económico na provincia