Música de corais este sábado en mougás co tradicional concerto de verán
A Casa Cultural de Mougás acollerá este sábado 13 de setembro, ás 19.00 horas, o tradicional Concerto de Verán, unha das citas musicais máis emblemáticas do calendario cultural de Oia.
O evento contará coa participación de tres formacións corais da provincia de Pontevedra: a Coral Polifónica da Cañiza, a Masa Coral do S.C.R. de Beade e a Coral Polifónica Vagalume de Oia, anfitrioa desta edición.
Organizado pola Coral Vagalume, o concerto conta coa colaboración do Concello de Oia e da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea.
