Miguel Román debuta en Europa con el Celta: “É un soño cumprido, isto é a hostia para min”
O futbolista gondomareño Miguel Román viviu este xoves unha noite inesquecible ao debutar en competición europea co RC Celta de Vigo. O centrocampista foi unha das novidades no once de Claudio Giráldez fronte ao Niza, e completou un partido de gran nivel nun triunfo (2-1) que achega aos celestes á seguinte rolda da Europa League.
Román, que rozou o gol cun disparo que se marchou por centímetros antes do descanso, confesou ao rematar o encontro que o equipo precisaba unha vitoria así para recuperar o ánimo:
“Esta victoria nos viene muy bien anímicamente, la necesitábamos para limpiar nuestra mente”, asegurou o xogador, feliz por estrearse nun escenario tan especial.
O futbolista tamén revelou a emoción vivida no vestiario tralo homenaxe a Iago Aspas, gran protagonista da noite:
“Ha sido algo increíble, estamos muy orgullosos porque Aspas es una leyenda de este club. Su primer gol nos vino muy bien para plantarle cara a un buen equipo como es el Niza”.
Para Miguel Román, de apenas 20 anos e formado na canteira, este debut europeo é “un soño feito realidade”:
“Ao final do partido acordeime dos meus pais e da miña irmá, que me acompañaron toda a vida indo a Bouzas, ao Choco… Sempre estiveron comigo. Verlles felices é o mellor de todo. É a hostia para min”, confesou con sinceridade.
Román recoñeceu tamén que lle gustaría seguir medrando paseniñamente no club:
“Aspirar aos 534 partidos de Aspas son palabras maiores, pero quero aproveitar cada oportunidade e seguir aprendendo”.
O Celta afrontará agora o seu próximo reto en Liga ante o Osasuna, no estadio de El Sadar, coa moral reforzada pola boa imaxe deixada en Europa.
“Xa nos toca gañar na Liga”, sentenciou o gondomareño, que amosou a ilusión e compromiso que o caracterizan.
