Máis de 200.000 euros en melloras para que o curso escolar comece sen problemas en Gondomar
O alcalde, Paco Ferreira, reuniuse hoxe cos conserxes e coa brigada municipal de mantemento e conservación para supervisar o comezo do curso escolar nos dez centros educativos do municipio.
Durante a visita, constatouse o resultado dos investimentos realizados no que vai de ano, que superan os 200.000 euros destinados ao mantemento e conservación das instalacións. Grazas a estas actuacións, mellorouse o estado dos colexios e garantiuse que o novo curso arrinque nas mellores condicións de limpeza, seguridade e habitabilidade.
O rexedor subliñou que estes traballos forman parte da aposta firme e continua do goberno local pola educación e o benestar do alumnado, e avanzou que se seguirá investindo en novas melloras nos centros educativos de todo o municipio.
