Gondomar

Joel Ribeiro conquista o bronce no Mundial de Solo Danza

O patinador español Joel Ribeiro conseguiu a medalla de bronce no Mundial de Solo Danza dos World Skate Games 2025, superando o quinto posto que acadara o pasado ano en Italia. A súa actuación, moi próxima ás dúas primeiras posicións, permitiulle recoller os froitos dun intenso traballo cunha medalla que “sabe a ouro”.

Este éxito consolida a Ribeiro como un dos grandes referentes do patinaxe artístico español nesta disciplina e reforza a presenza de España entre as potenciais potencias internacionais do deporte.

Mentres tanto, o CPA Gondomar competirá esta semana nos World Skate Games 2025, representando a Galicia e a España nas categorías de Cuartetos e Grupos Show Xúnior, unha cita na que o club gondomareño volverá a demostrar o talento e a proxección do patinaxe artístico do Val Miñor.