Gondomar

Javier Tourís Visita A Comunidade De Auga De Donas En Gondomar

O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, visitou a Comunidade de Auga de Donas para coñecer de primeira man o funcionamento desta entidade veciñal e as súas necesidades actuais. Durante o encontro, abordáronse cuestións relacionadas coa modernización das infraestruturas, a xestión eficiente do recurso e os retos que afrontan as comunidades rurais no mantemento do abastecemento.

Tourís destacou o papel fundamental das traídas de auga no rural galego e subliñou que a Deputación de Pontevedra “seguirá colaborando coas comunidades para reforzar a súa seguridade xurídica, mellorar instalacións e garantir un servizo de calidade aos veciños”.

Pola súa banda, os responsables da comunidade agradeceron a visita e trasladaron a importancia de contar con apoio institucional para continuar prestando un servizo básico en zonas onde o abastecemento público non chega plenamente.

Esta reunión en Donas enmárcase na rolda de contactos que o deputado mantén con distintas comunidades de augas da provincia, co obxectivo de avanzar en solucións conxuntas e buscar novas vías de colaboración.