Baiona

Inaugurada en Sabarís a exposición “Habitar a Terra” de Carmela García

Baiona acolle desde este venres, 17 de outubro, a exposición de pintura “Habitar a Terra”, da artista Carmela García, que permanecerá aberta ata o 28 de outubro no Multiusos de Sabarís.

A mostra foi inaugurada cun acto celebrado ás 19:00 horas, ao que asistiron veciños, amantes da arte e representantes municipais, que destacaron a calidade e sensibilidade das obras expostas.

A exposición poderá visitarse de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas, e os sábados e domingos de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas.

“Habitar a Terra” propón unha reflexión sobre a relación do ser humano coa natureza e coa contorna, a través dunha colección de cadros que combinan forza cromática e sutileza expresiva.

A iniciativa forma parte da programación cultural do Concello de Baiona, que continúa apoiando o talento artístico local e o acceso á cultura en todas as parroquias do municipio.