NigranBaionaVigo

Hoxe estréase “Romería”, a nova película de Carla Simón, gravada en Vigo e con Baiona e Nigrán como escenarios destacados

Baiona e Nigrán cobran protagonismo na gran pantalla en “Romería”, a última película escrita e dirixida por Carla Simón, que se estrea hoxe en España. Gravada principalmente en Vigo, a cinta inspira a súa historia na vida da directora, mergullándose en lembranzas, memoria e natureza galega.

A película acompaña a Marina nun viaxe polos seus recordos, combinando escenas na cidade de Vigo con momentos en Nigrán, na casa familiar da protagonista, e en estradas infinitas pola Serra da Groba, onde habitan os garranos, uns dos poucos cabalos salvaxes que quedan no mundo. Estes animais simbolizan a liberdade, un valor que comparte Marina e a súa xeración dos anos 80.

“Romería” tamén aborda a historia familiar de Carla Simón, cuxos pais se coñeceron en Vigo pero se separaron debido á adicción á heroína. A cinta competiu recentemente en Cannes e está preseleccionada para representar a España nos Oscars, situando a contorna viguesa, Baiona e Nigrán como escenarios centrais dunha historia universal de lembranza, amor e liberdade.