Gondomar

Gonzalo Fernández de Córdoba, conde de Gondomar, nomeado presidente de honra do Gondomar CF

O club de Gondomar viviu unha xornada histórica co nomeamento público de D. Gonzalo Fernández de Córdoba e Narváez, Conde de Gondomar, como Presidente de Honra, nun acto celebrado diante da afección e que coincidiu coa presentación oficial das categorías inferiores.

O Conde de Gondomar, que xa mantén unha longa relación coa entidade, mostrou unha vez máis a súa proximidade e atención cos xogadores máis novos, que participaron activamente no evento.

Desde o club destacaron “o trato tan familiar que Gonzalo e a súa familia sempre nos brindan, así como o seu compromiso permanente coa nosa institución”.

A directiva subliñou que este nomeamento “deixará pegada para sempre na historia do club e representa un paso moi importante no seu crecemento”.