Gondomar

Gondomar renueva o vial do Barrio da Gándara en Peitieiros cun investimento de máis de 120.000 euros

O Concello de Gondomar vén de finalizar as obras de mellora do vial do Barrio da Gándara, na parroquia de Peitieiros, cunha actuación que abrangue máis dun quilómetro de estrada. O proxecto incluíu a reposición do aglomerado asfáltico, a renovación da sinalización horizontal e vertical e a mellora do sistema de recollida de pluviais, deixando a vía “en perfectas condicións de rodadura e seguridade”, segundo explicou o alcalde Paco Ferreira.

Ferreira destacou que con esta intervención “recuperouse por completo un vial que presentaba un firme moi deteriorado e que agora queda en condicións óptimas para o tráfico e os peóns”. O rexedor engadiu que “as actuacións inclúen tamén a reposición da sinalización e a mellora da drenaxe, garantindo unha circulación máis segura en todo o tramo”.

O investimento, superior aos 120.000 euros, forma parte do plan municipal de conservación e mellora dos viais que o Concello desenvolve de maneira continua nas distintas parroquias do municipio.