Gondomar

Gondomar publica as bases para a confección das alfombras florais do Corpus 2025.

O Concello de Gondomar acaba de facer públicas as bases para a confección das alfombras florais do Corpus, unha das celebracións máis emblemáticas e participativas do municipio, que cada ano transforma as rúas do centro urbano nun tapiz cheo de cor, arte e tradición.

As persoas, colectivos e asociacións interesadas xa poden consultar os requisitos e condicións para participar nesta manifestación cultural, cuxo proceso de inscrición estará aberto dende este sábado 12 ata o mércores 30 de abril, ambos incluídos.

As solicitudes deberán presentarse mediante instancia xeral no rexistro electrónico, achegando o anexo de inscrición dispoñible xunto coas bases.

Toda a información pode consultarse na web oficial do Concello de Gondomar ou directamente a través da súa sede electrónica.

Gondomar prepárase así para unha nova edición do Corpus, que promete volver a ser un referente de participación, arte efémera e tradición viva.