Gondomar

Gondomar impulsa a dixitalización local formando a 19 veciños e veciñas

O Concello de Gondomar clausurou con gran éxito as xornadas formativas “Solucións Dixitais Fáciles para mellorar o teu negocio ou peme en Gondomar”, nas que participaron 19 persoas ao longo de tres sesións celebradas os días 23, 24 e 25 de febreiro.

A formación, de carácter gratuíto e cun enfoque eminentemente práctico, desenvolveuse en instalacións municipais e estivo dirixida a persoas interesadas en avanzar na dixitalización dos seus negocios ou en reforzar as súas competencias tecnolóxicas.

Contidos clave abordados

Durante as xornadas tratáronse cuestións fundamentais para a modernización do pequeno comercio e das pemes, entre elas:

•Facturación electrónica

•Ciberseguridade

•Control horario dixital

•Marketing e posicionamento web

•Uso profesional das redes sociais

•Implementación de WhatsApp Business como ferramenta de xestión e atención ao cliente

A alta participación e a implicación activa das 19 persoas asistentes consolidan esta iniciativa como unha aposta firme polo fortalecemento do tecido económico local, proporcionando ferramentas útiles e aplicables desde o primeiro momento.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, destacou:

“A transformación dixital é clave para que os nosos negocios sexan máis competitivos e estean preparados para os retos actuais. Desde o Concello imos seguir promovendo formación práctica e accesible que axude a impulsar o desenvolvemento económico de Gondomar e a apoiar ás persoas emprendedoras e autónomas do noso municipio”.

Desde o Goberno local sublíñase a intención de continuar promovendo novas iniciativas que contribúan á modernización e competitividade do comercio e das pequenas empresas do municipio.