Gondomar

Gondomar estrea novas marquesiñas

O Concello de Gondomar vén de completar a renovación das marquesiñas destinadas ao transporte escolar, un proxecto que busca mellorar a seguridade, comodidade e accesibilidade para o alumnado do municipio.

As antigas estruturas, deterioradas polo paso do tempo e o uso continuado, foron substituídas por outras máis modernas, resistentes e adaptadas ás necesidades actuais.

Ademais, reubicáronse varias marquesiñas en puntos estratéxicos co obxectivo de optimizar os percorridos e facilitar o acceso ao transporte escolar desde diferentes zonas do concello.