Gondomar

Gondomar arranca a recuperación da Ponte de Arcos en Vincios para convertela nun icono do concello

A Ponte de Arcos en Vincios comeza hoxe unha nova etapa. O alcalde de Gondomar anunciou o arranque da primeira fase de recuperación desta ponte histórica, coa posta en marcha das obras de iluminación, limpeza e posta en valor do monumento.

O obxectivo, segundo destacou, é converter a Ponte de Arcos nun auténtico icono do municipio, reforzando tanto o seu valor patrimonial como turístico. Trátase dun enclave singular do patrimonio gondomareño, moi ligado á identidade da parroquia de Vincios e do propio concello.

Esta primeira fase céntrase na limpeza integral da estrutura e na instalación dun sistema de iluminación artística, que permitirá resaltar a beleza da ponte tamén durante a noite.