Gondomar

Gondomar acende o Nadal cunha posta en escena chea de ilusión para as familias

Gondomar acendeu esta tarde, ás 20:00 horas na Plaza Paradela, o seu Nadal cun acto marcado pola ilusión dos máis pequenos.

O alcalde Paco Ferreira, acompañado da corporación municipal e dunha representación infantil do concello, deu inicio oficialmente á programación festiva.

A veciñanza podrá gozar dun completo ambiente navideño que incluirá o tradicional Belén en movemento —un dos grandes atractivos destas datas—, a Casa de Papá Noel, as precampanadas e diferentes actuacións e actividades pensadas para toda a familia.

A iluminación, os adornos e a participación dos nenos convertéronse no sinal de saída dun Nadal que un ano máis promete encher Gondomar de maxia, tradición e encontro social.