Gondomar

𝑮𝑨𝑳𝑰𝑭𝑹𝑬𝑺𝑯, 𝑨𝑽𝑽 𝑮𝑨𝑳𝑰Ñ𝑬𝑰𝑹𝑶 𝑬 𝑨𝑵𝑷𝑨 𝑫𝑶 𝑪𝑬𝑰𝑷 𝑺𝑬𝑹𝑹𝑨 𝑽𝑰𝑵𝑪𝑰𝑶𝑺 𝑪𝑶𝑳𝑨𝑩𝑶𝑹𝑨𝑵 𝑪𝑶 𝑩𝑨𝑵𝑪𝑶 𝑫𝑬 𝑨𝑳𝑰𝑴𝑬𝑵𝑻𝑶𝑺 𝑫𝑬 𝑮𝑶𝑵𝑫𝑶𝑴𝑨𝑹

O Concello de Gondomar agradece a xenerosa colaboración de Galifresh, que doou compota de froitas para o Banco de Alimentos, así como da Avv Galiñeiro de Vincios e da ANPA do CEIP Serra Vincios , que contribuíron con produtos de hixiene, limpeza e alimentos variados.
 Estas doazóns son fundamentais para continuar axudando ás familias que máis o precisan, reforzando a rede de apoio solidario no municipio.
O Concello de Gondomar destaca e valora este xesto de solidariedade, que demostra unha vez máis o compromiso da comunidade coa axuda aos máis vulnerables.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *