BaionaGondomarNigran

Fondos europeos para converter o Val Miñor en cidade dos 15 minutos e para rehabilitar a Casa Peralba e os Cines de Ramallosa

Nigrán, Baiona e Gondomar traballan conxuntamente nun proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra para transformar a comarca na chamada «cidade dos 15 minutos», un modelo urbano que busca garantir que a veciñanza teña a man todos os servizos esenciais a un cuarto de hora a pé ou en bicicleta.

O plan común céntrase en mellorar a mobilidade mediante a creación de novas sendas peonís e a ampliación da rede de carrís bici, co obxectivo de conectar mellor os tres municipios do Val Miñor e reducir a dependencia do vehículo privado.

PROXECTOS INDIVIDUAIS

Cada concello, ademais, presentou un proxecto propio vinculado a esta estratexia:

  • Nigrán: remodelación dos antigos cines de Ramallosa para convertelos nun Auditorio Municipal.
  • Gondomar: rehabilitación da histórica Casa Peralba, coa finalidade de transformala en biblioteca municipal.

FINANCIAMENTO

Estes proxectos están incluídos na convocatoria de axudas do Plan EDIL, financiado con fondos FEDER do período 2021-2027, dos que se beneficiará o 60% das actuacións.

En conxunto, a iniciativa busca captar fondos europeos para desenvolver proxectos sociais, urbanos, económicos e medioambientais que permitan avanzar cara a un modelo de desenvolvemento sostible e cohesionado no Val Miñor.