Oia

Falece un motorista nun accidente en O Rosal; o outro vehículo implicado deu a fuxida

Un motorista faleceu esta tarde na estrada CG4.2, ao seu paso por A Eiras, no concello de O Rosal, tras un accidente no que se viu implicado un vehículo de tipo turismo, que continuou a marcha sen deter a súa traxectoria.

🔹 No operativo participaron:

  • Urxencias Sanitarias de Galicia-061
  • GES da Guarda
  • Garda Civil de Tráfico
  • Protección Civil de O Rosal

As autoridades investigan agora as circunstancias do suceso e tratan de localizar ao condutor do turismo fuxido.