Exposición realista de Rosita no Muíño de Porto do Molle.
O Concello de Nigrán presenta a exposición de pintura realista da artista Rosa Fernández, coñecida como “Rosita”, no Muíño de Porto do Molle (rúa das Pontes, 25).
Autodidacta desde a súa infancia e con máis de 25 anos de experiencia no óleo, Rosita revela obras que recollen a esencia da realidade.
A mostra estará aberta do domingo 13 ao domingo 20 de abril, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.