Éxito de participación na Romaría da Virxe da Roca en Baiona, cerca de 200 kilos de sardinas
Baiona viviu hoxe unha das súas xornadas máis populares e tradicionais coa celebración da romaría da Virxe da Roca, que cada ano ten lugar o último domingo de agosto.
Dende primeira hora da mañá, a contorna do monumento en honra á Virxe encheuse de veciños e visitantes que gozaron dun completo programa de actividades para todas as idades. As sardiñadas foron un dos grandes atractivos gastronómicos da festa, acompañadas por postos e espazos de lecer que congregaron centos de persoas.
A xornada contou tamén con inchables para os nenos, música en directo e diferentes actividades culturais e recreativas, que deron ambiente festivo a un día marcado pola convivencia e o bo tempo.
A romaría, xa centenaria, consolídase así como unha das citas máis queridas do calendario festivo baionés, mesturando tradición relixiosa coa celebración popular e atraendo tanto a familias do municipio como a numerosos visitantes da comarca e da provincia.
![]()
![]()
![]()
O

O