Escándalo na RFEF: Manipulación das puntuacións deixou fóra a vigo como sede do mundial 2030
Unha investigación de El Mundo revelou que a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) manipulou as puntuacións das sedes do Mundial 2030 para deixar fóra a Vigo e meter no seu lugar a San Sebastián.
Segundo documentos filtrados, Balaídos fora seleccionado inicialmente ao obter 10,2004 puntos, superando a Anoeta, que quedara con 10,1226. Pero en só 48 horas, a RFEF alterou os baremos e incrementou artificialmente a nota do estadio donostiarra ata 10,6026 puntos, relegando a Vigo ao posto 12 e excluíndoo do torneo.
O cambio realizouse incrementando sen explicacións un subfactor técnico, ignorando mesmo unha proposta do Goberno que apostaba por Vigo polo seu valor estratéxico. O actual presidente da Federación, Rafael Louzán, estaba informado do proceso e da selección inicial de Balaídos, pero a versión alterada foi enviada como definitiva o 28 de xuño. Agora, Louzán néganse a publicar as puntuacións alegando que a RFEF “non é unha administración pública” e non está obrigada a dar eses datos.
A falta de transparencia neste proceso é escandalosa. Se a selección de sedes foi rigorosa, por que se cambiaron os criterios? Por que non se fan públicos os datos? As explicacións da RFEF non convencen, e a única forma de disipar sospeitas sería abrir unha investigación independente que aclare o que realmente pasou.