El XVI Torneo Minibasket del CB Baiona reunió a más de 450 deportistas en una cita referente del baloncesto base.
Baiona viviu esta fin de semana unha auténtica festa do deporte coa celebración do XVI Torneo MiniBasket organizado polo CB Baiona, que reuniu a máis de 450 xogadores e xogadoras chegados de diferentes puntos de España.
Durante dous días, as pistas do municipio acolleron 74 partidos, convertendo a vila nun referente do baloncesto base a nivel estatal e nun exemplo de organización e convivencia deportiva.
San José Valladolid (categoría masculina) y CB Torelló (categoría femenina) se proclamaron campeones del torneo
O evento contou coa participación de clubs de prestixio como Celta Baloncesto Feminino, Salesianos Vigo, CB Culleredo, CB Seis do Nadal, Club Estudiantes Lugo, CB 625 Ponferrada, Basket School Ferrol, Porriño Baloncesto Base, CD San José Valladolid, CB Allariz, entre outros, consolidando o torneo como un escaparate para o talento das futuras promesas deste deporte.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destacou a importancia deste torneo para a vila, subliñando que “máis aló da competición, este evento fomenta valores como a convivencia e o compañeirismo entre os mozos xogadores”.
O presidente do CB Baiona, Severino Castiñeiras, expresou a súa satisfacción pola consolidación do torneo e agradeceu ao Concello de Baiona, ás administracións públicas e aos patrocinadores pola súa colaboración na organización deste evento.