El ICO llega a Galicia con la apertura de una oficina permanente en la Zona Franca de Vigo
El Instituto de Crédito Oficial contará por primeira vez cunha oficina de representación permanente en Galicia tras o convenio asinado hoxe entre a Zona Franca de Vigo e o propio organismo financeiro. O acordo foi rubricado polo delegado especial do Estado, David Regades, e o presidente do ICO, Manuel Illueca, e permitirá habilitar un espazo na sede central do Consorcio, na rúa Areal, desde o que se prestará atención directa ao tecido empresarial galego. A iniciativa forma parte da estratexia de descentralización e despregamento territorial do banco público, que prevé abrir novos puntos de representación noutras comunidades.
A nova oficina estará coordinada por Javier Lourido, asesor territorial do ICO en Galicia, e nace co obxectivo de achegar ferramentas de financiamento a empresas e persoas, favorecendo o acceso a recursos para innovación, internacionalización e proxectos de crecemento. Regades destacou que a implantación en Vigo “achega o ICO ao territorio nun momento clave para as pemes”, mentres Illueca subliñou que o acordo “supón un paso fundamental para estar máis preto das empresas galegas”.
O convenio tamén recolle colaboración mutua en programas e actuacións de apoio económico, coincidindo co lanzamento da nova Línea ICO Crecimiento, primeira modalidade de financiamento 100% en liña dirixida a pemes.
