NigranGondomar

Deputación apoia con 60.000 € aos clubs AD Vincios, Lóstrego, Galego de surf e Escola Val Miñor

A Deputación de Pontevedra aprobou unha liña de axudas dirixida a clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, da que se benefician tamén entidades deportivas de Nigrán e Gondomar, cun investimento conxunto próximo aos 60.000 euros.

En Nigrán recibirán apoio económico o Club Gallego de Surf e a Escola Deportiva Val Miñor, mentres que en Gondomar as entidades beneficiarias son a Agrupación Deportiva Vincios e o Lóstrego. As contías percibidas sitúanse entre os 1.630 e os 25.000 euros, segundo a disciplina e o nivel competitivo de cada club.

O presidente da Deputación, Luis López, subliñou que estas axudas “son unha mostra do compromiso deste goberno co deporte, avanzando de xeito imparable para converter Pontevedra na provincia do deporte”.

No conxunto da provincia, a institución repartirá 900.000 euros entre 76 clubs de 24 concellos, dos cales 47 pertencen á área do sur.