Concentración en A Xunqueira para esixir melloras nos servizos sanitarios da comarca
Esta mañá, a veciñanza do Val Miñor mobilizouse ante o Centro de Saúde de A Xunqueira, seguindo a convocatoria da plataforma SOS Sanidade Pública do Val Miñor.
O encontro, que comezou ás 12:30, contou cunha asistencia significativa de veciños e veciñas que se reuniron para expresar a súa preocupación pola situación dos servizos sanitarios na comarca.
Durante o acto, os participantes deixaron claro que a actual precariedade do sistema de saúde require unha intervención inmediata, pedindo unha maior inversión en infraestruturas e personal sanitario.
Os representantes da plataforma destacaron que a concentración forma parte dunha campaña informativa máis ampla, que culminará coha manifestación prevista para o próximo 6 de abril en Santiago de Compostela ás 12:00.
A reinvindicación asistiron o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, o ex alcalde de Baiona o Socialista Carlos Gómez, así como representantes políticos e concelleiros do BNG de Nigrán, Baiona e Gondomar, e o concelleiro de Manifesto Miñor en Gondomar, Antonio Araujo.
A iniciativa, ben recibida pola comunidade, reflicte o compromiso dos cidadáns na defensa do servizo público de saúde e a súa determinación para esixir medidas efectivas por parte das autoridades competentes. Con este acto, SOS Sanidade Pública do Val Miñor reafirma a súa labor na defensa dos dereitos dos usuarios e na promoción dunha sanidade pública de calidade para todos.