Concello de Gondomar coloca a bandeira de Palestina no balcón do Concello
O Concello de Gondomar sumase o Concello de Nigrán e tamén colocou a bandeira de Palestina no balcón do edificio consistorial.
Trátase dunha acción que quere facer visible a solidaridade dos veciños de Gondomar co pobo palestino, nun xesto visual de apoio e respecto cara ás persoas afectadas polo conflito.
Con este pequeno pero significativo acto, o Concello quere transmitir que, máis aló das fronteiras, hai institucións e comunidades que se solidarizan co sufrimento alleo.
Este xesto súmase ás accións institucionais que o Concello de Gondomar realiza de forma habitual, sempre con atención á dimensión humana e á responsabilidade de manter o diálogo e a conciencia cidadá sobre cuestións de xustiza e solidariedade.
