BaionaGondomarNigran

Chaín 6º, Baiña 7º, Parada 10º e Vincios 11º no concurso de Rondallas en IFEVI

O IFEVI acolleu o pasado 17 de xaneiro o Concurso da Federación A.M.V. 2026, no que participaron numerosas rondallas da comarca. Destacaron especialmente as formacións de Chaín, Baiña, Parada e Vincios, amosando a súa calidade e compromiso coa música tradicional galega.

A clasificación completa do concurso foi a seguinte:

  1. Atios – Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios – 1.361,0 puntos
  2. Pontellas – Rondalla da Asociación Cultural e Musical Rondalla de Pontellas – 1.304,7 puntos
  3. S.E. Mos – Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos – 1.291,9 puntos
  4. Torroso – Rondalla do Centro Cultural e Recreativo de Torroso – 1.232,2 puntos
  5. Herville – Rondalla da Asociación Cultural, Social e Veciñal de Herville – 1.190,1 puntos
  6. Chaín – Rondalla da Asociación Cultural A Merced de Chaín – 1.133,3 puntos
  7. Baiña – Rondalla da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa de Baiña – 1.050,2 puntos
  8. Bembrive – Rondalla da Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive – 1.023,0 puntos
  9. Pexegueiro – Rondalla da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro – 1.012,1 puntos
  10. Parada – Rondalla Santiago de Parada, do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor – 979,8 puntos
  11. Vincíos – Rondalla da Asociación de Veciños O Galineiro de Vincios – 972,9 puntos
  12. Ventosela – Rondalla da Asociación Deportiva e Cultural A Miñoteira de Ventosela – 971,5 puntos
  13. Guizán – Rondalla da Asociación Club Santiaguiño de Guizán – 955,0 puntos
  14. Valladares – Rondalla do Centro Vecinal e Cultural de Valladares – 944,4 puntos
  15. Porriño – Rondalla Santa María do Porriño – 931,8 puntos
  16. Beade – Rondalla do Centro Social Cultural e Recreativo de Beade – 920,6 puntos
  17. Zamáns – Rondalla da Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns – 863,3 puntos

O concurso destacou pola calidade artística das interpretacións, a diversidade musical das formacións e a gran asistencia de público, consolidándose como unha cita de referencia para as rondallas da comarca e para a preservación da música tradicional galega.