Boris Izaguirre e Rafa Durán, protagonistas de “A miña gran cidade” en Baiona
Baiona será a gran protagonista este sábado 20 de setembro no programa “A miña gran cidade” da Televisión de Galicia. O espazo, gravado hai unhas semanas na vila, contará coa presenza de Boris Izaguirre, quen gozou da súa estadía descubrindo os encantos do municipio.
Nesta ocasión terá como “afiliado” ao cómico baionés Rafa Durán, encargado de tentar convencer ao venezolano de quedar a vivir en Baiona e non marchar.
O programa emitirase ás 22:30 horas na TVG, ofrecendo unha mirada divertida e entrañable sobre a vila mariñeira.
