Baiona recupera a festa dos maios cunha xornada de cor, música e tradición
Baiona estreou este 1 de maio unha renovada edición da Festa dos Maios, devolvendo ás rúas unha tradición popular que levaba décadas esquecida. O evento, organizado por diversos colectivos veciñais, logrou reunir a centos de persoas nunha xornada chea de cor, música e memoria.
Durante a mañá, as rúas do Concello convertíronse nun xardín efémero onde se expuxeron curiosas esculturas feitas con elementos naturais: flores silvestres, herbas aromáticas, cáscaras de ovos, fiúnchos e laranxas.
As creacións foron elaboradas por nenos e nenas dos colexios, asociacións culturais e agrupacións, que durante semanas prepararon con ilusión os seus maios.
A música das pandereteiras e as gaitas acompañou o percorrido festivo, que se estendeu por varias rúas do centro histórico.
xeito Baiona celebrou a chegada da primavera e ao mesmo tempo de reconectou coas raíces. Os Maios regresan así a Baiona non só como símbolo da natureza que renace, senón tamén como exemplo dunha comunidade que sabe mirar cara ao futuro sen esquecer o pasado.