Baiona

Baiona presenta a súa nova guía gratuíta do Camiño Portugués con ilustracións e recomendacións para peregrinos

Baiona conta desde hoxe cunha nova ferramenta para dar a coñecer a súa vinculación co Camiño Portugués: unha guía ilustrada e de balde, pensada para facilitar o percorrido aos peregrinos e destacar os puntos máis emblemáticos desta ruta xacobea.

A presentación oficial tivo lugar esta mañá nun acto institucional no que participaron a concelleira de Turismo e Igualdade, Sheila María González Martíns; o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña; o xefe de sector de oficinas de Correos, Miguel Blanco González; o concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa; e o director da oficina de Correos de Baiona, Carlos Meijome Juiz.

A guía pode recollerse de forma gratuíta en dous puntos da vila:

📍 Oficina de Correos de Baiona (Cidade de Vigo, 3)

📍 Oficina de Turismo de Baiona (C/ Arquitecto Jesús Valverde, s/n)

Este mapa-guía do Camiño Portugués foi promovido por Correos e inclúe suxestións prácticas, curiosidades e lugares de interese para os camiñantes. Ilustrado con estilo accesible e atractivo, é unha ferramenta útil tanto para quen comeza a ruta coma para quen fai parada en Baiona.