Baiona

Baiona organiza o reparto escalonado das invitacións para a comida dos maiores do 22 de mayo

O Concello de Baiona comezará este luns, 21 de abril, o reparto de invitacións para a tradicional comida de confraternidade dos maiores, que se celebrará o 22 de maio. O reparto terá lugar no hall da Casa do Concello, en horario de 16:00 a 19:00 h.

Co obxectivo de facilitar a organización e evitar colas innecesarias, este ano establecerase unha orde segundo o ano de nacemento das persoas interesadas:

  • 21 e 22 de abril: poderán recoller a súa invitación as persoas nadas antes de 1945 (incluído).
  • 23 de abril: será a quenda dos nados entre 1946 e 1955 (ambos incluídos).
  • 25 de abril: para as persoas nadas entre 1956 e 1960 (ata o 22 de maio incluído).

Desde o Concello recórdase que é imprescindible presentar o DNI e a carta enviada ás persoas convocadas para recoller a invitación correspondente.