BaionaGondomarNigran

Baiona, Gondomar e Nigrán pechan os detalles dos convenios para o “Val Miñor dos 15 minutos

Esta semana os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán pecharon os detalles dos convenios cos distintos axentes locais que permitirán poñer en marcha o proxecto “Val Miñor 15 minutos”, unha iniciativa innovadora de desenvolvemento urbano sostible que busca que a veciñanza poida acceder a servizos esenciais nun radio de 15 minutos a pé ou en bicicleta.

O plan, financiado con fondos europeos FEDER 2021‑2027 e con achega do Goberno de España, contará con máis de 7 millóns de euros para mellorar a mobilidade, humanizar espazos urbanos e recuperar equipamentos culturais e patrimoniais. Entre as actuacións destacan a creación de sendas peonís e carrís bici, sistemas de aluguer de bicicletas eléctricas e a rehabilitación de instalacións emblemáticas como os cines de Ramallosa ou espazos históricos en Gondomar e Baiona.

Os alcaldes implicados subliñan que pechar os convenios esta semana é un paso fundamental para garantir que o proxecto avance de forma coordinada e eficiente, amosando o compromiso do goberno local coa sostibilidade urbana, a calidade de vida da veciñanza e o desenvolvemento cohesivo do Val Miñor.