Baiona e Gondomar celebrarán o día do Pilar coa Garda Civil
A Garda Civil celebrará o Día do Pilar, patroa do corpo, o sábado 12 de outubro, cun programa de actos oficiais en Baiona e Gondomar.
En Baiona, o Tenente Xefe do Posto Principal de Baiona-Nigrán e os compoñentes do mesmo convidan aos veciños a participar nos actos que comezarán ás 12:00 horas coa Santa Misa na Colexiata de Santa María de Baiona.
A continuación, arredor das 12:45 horas, terá lugar o acto institucional na Praza de Santa Liberata.
Pola súa banda, a Garda Civil de Gondomar tamén conmemorará esta festividade cunha misa ás 12:00 horas e procesión posterior, mantendo viva unha tradición moi arraigada entre os corpos de seguridade e a veciñanza do municipio.
