Baiona: “Baigalleta” e “EricChristmas” foron os gañadores do certame de decoración navideña sostible
No Certame de Decoración de Adornos de Nadal tamaño mediano-xigante con materiais de reciclaxe 2025-2026, organizado polas Concellerías de Festexos, Medio Ambiente e Comercio do Concello de Baiona, “Baigalleta” e “EricChristmas” foron os gañadores entre un conxunto de propostas cheas de cor, imaxinación e espírito navideño. O xurado valorou a orixinalidade, a innovación e a calidade decorativa de cada obra, destacando o esforzo e dedicación de todos os participantes.
Na categoría A, destinada a asociacións e entidades locais, o primeiro premio foi para EricChristmas, do Erizana Club de Fútbol, pola súa creatividade e posta en escena, mentres que o segundo premio recaeu en Nadal de Luz, do Baíña Fútbol Sala. Nesta categoría quedaron desertos o terceiro, cuarto e quinto premio.
Na categoría B, destinada a particulares, grupos informais e comercios, o primeiro premio foi para Baigalleta, do grupo liderado por Lidia Gallego Rouco, un adorno orixinal e vistoso con materiais reciclables. O segundo premio foi para Tren de Nadal, de Miguel Ángel González Mesías, e o terceiro premio para Calendario de Adviento, de José Manuel Carballal Rodríguez. O cuarto e quinto premio recaeiron en Corazón de Nadal, de José Francisco González Pérez, e El Banco Navideño, de Lucía Lorenzo Rodríguez.
O Concello destacou o éxito creativo do certame e o compromiso coa sustentabilidade, felicitando a todas as persoas participantes.
