Baiona apróba por unanimidade a humanización da travesía interior de Sabarís (fase II) cun investimento de 1,8 millóns de euros
O Concello de Baiona deu un paso decisivo na transformación urbana da parroquia de Santa Cristina ao aprobar no Pleno ordinario deste luns a Humanización da Travesía Interior de Sabarís (Fase II), cun investimento de 1.818.915,58 euros, financiados integramente pola Xunta de Galicia.
O proxecto abarcará o entorno da Plaza Victoria Cadaval e os tramos das rúas Julián Valverde e Porta do Sol, entre o cruce con José Pereira Troncoso e a glorieta do General Santos Peralba, renovando máis de 8.600 m² de espazo público.
Para informar aos veciños e recoller aportacións, celebrarase o martes 17 de marzo ás 20:00 horas unha presentación do proxecto en Sabarís. Estas reunións repetiranse ao longo das diferentes fases da obra para garantir que a reforma se adapte ás necesidades da veciñanza.
A actuación busca humanizar e modernizar o espazo urbano, mellorando beirarrúas, circulación e zonas públicas, recuperando o espazo para o uso e disfrute de veciños e visitantes e reforzando a orde e calidade urbanística da vila.
